13.7 C
Galicia
sábado, octubre 12, 2024

A Xunta pon en valor o uso do galego na etiquetaxe de productos alimentarios como sinónimo de excelencia calidade

  •  José González destacou a importancia do uso do galego no mundo empresarial, especialmente no agroalimentario pola súa proxección internacional
  • Felicitou aos galardoados, a Adega Tapias Mariñán e a comercializadora de marcas lácteas Leite Noso, como referentes de calidade
  •  Sobre os sectores dos hoxe premiados, remarcou a excelente campaña da vendima, a máis alta da última década e próxima á máis alta da historia, e incidiu no compromiso do goberno autonómico coa gandaría de leite

Ribadavia (Ourense), 7 de outubro de 2023.- O Conselleiro do Medio Rural, José González, interveu esta mañá na clausura dos Premios Bacelos de Prata en Ribadavia, organizados pola Asociación Álvaro de las Casas, que recoñecen o labor das empresas que apostan polo galego na etiquetaxe dos seus produtos.


Durante a súa intervenció
n, González sinalou a importancia do uso do galego no mundo empresarial, máis concretamente no sector agroalimentario, que conta cunha gran proxección internacional debido a eses atributos. Así, puxo en valor a inclusión de aspectos culturais como o idioma que, ademais de proxectar Galicia como sinónimo da produción de excelencia e calidade,consolídanos como un destino atractivo.

O titular de Medio Rural aproveitou a ocasión para felicitar aos galardoados. En primeiro lugar, deulle a noraboa á Adega Tapias Mariñán, adscrita a denominación de orixe Monterrei e gañadora devarios Acios de Ouro das Catas de Galicia. Neste sentido, explicou que se trata dunha “felicitación dobre” para a adega, xa que tanto no Ribeiro como en Monterrei as denominacións de orixe aumentaron a súa produción con respecto á última campaña.

Neste 2023, tal e como indicou o conselleiro, estase a rexistrar a campaña da vendima máis abondosa do decenio, aproximándose á mellor da historia -do ano 2011. Seguindo esta liña, sinalou que a denominación de orixe Ribeiro superou os 11,5millóns de quilos de uva recollidos e a DO Monterrei volve a medrar un ano máis, acadando os6,8 millóns de quilos de uva recollidos.

De seguido, felicitou á outra empresa galardoada, a sociedade de gandeiros Leite Noso que, segundo explicou o conselleiro, é comercializadora de marcas lácteas de grande relevancia para a nosa comunidade. Así, quixo dar a noraboa a todos e cada un dos gandeiros e gandeiras que conforman esta sociedade, o que, como resaltou, “nos axudan a sobresaír en produción e en calidade”. Ademais, destacou a Estratexia de dinamización do sector lácteo como mostra do apoio e compromiso da Xunta con este sector.

Xa para finalizar a súa intervención, puxo o acento no feito de que estas dúas empresas puideran ver o potencial do rural galego e, o máis importante, as oportunidades de futuro que traen consigo.

 

Artículos relacionados

- Advertisement -spot_img

ÚLTIMOS ARTÍCULOS