5 C
Galicia
jueves, marzo 28, 2024

AFRICOR: OS GANDEIROS NON PODEN VIVIR CON UN SOLDO DE 1€ A HORA E GARZÓN NON TEN RAZÓN.

A NOVA LEY ALIMENTARIA IRÁ PARA ADIANTE SI PON UN PREZO MEDIO O LEITE E  IMPRANTA MECANISMOS PARA QUE SE CUMPRA. 

GARZÓN ESTA EQUIVOCADO PORQUE EN ESPAÑA TODA A CARNE E DE MOI BOA CALIDADE, DIFERENCIANDO DOUS TIPOS: CARNE BOA E CARNE SUPREMA.

https://youtu.be/jme5TIbPyBc

18-1-2022. Nunha entrevista, os presidentes de AFRICOR (Asociación Frisona para o Control Oficial do leite), Fernando Suárez Mouro pola Provincia de A Coruña, Manuel Sandamil pola provincia de Lugo, e Jesús Manteiga polas provincias de Ourense e Pontevedra; valoraron o ano 2021 como un ano complicado para facer actividades pola crisis sanitaria do COVID e esperan que para o ano que comeza podan levar a cabo non so novas actividades senon recuperar as que non puideron facer. Subliñan que a súa función e prestar un servizo ós socios, axudando e orientando en todo o que sexa menester.

Unha vez entrados en materia, fan os tres unha valoración positiva da nova lei alimentaria, pois supón un avance e abre unha nova etapa onde o prezo do leite ten que cubrir os costes de produción e tamen ten que ter unha marxe de beneficio. 

Fernando Suárez Mouro di que o prezo do leite aínda está baixo pero que xa empeza a haber movementos por parte da industria de distribución. 

Manolo Sandamil explica que ata agora o prezo do leite era alto para a venda o público pero baixo para os gandeiros xa que o prezo que lle pagaban non cubría os costes de produción. Móstrase pesimista de cara o futuro, xa que a industria de distribución presiona os gandeiros para fixar ese prezo que non cubre os costes.

Suso Manteiga colle o toro polos cornos e di que sempre houbo un prezo teórico que cubría os costes pero que este o poñían as empresas e obrigaban ós gandeiros a firmar un contrato onde se dicía que cubría os costes de producción pero que na practica non o cubría, feito que tanto Fernando como Manolo tamén ractifican. Despois de afirmar que os gandeiros teñen un soldo de 1€ ao mes e que así é moi dificil sobrevivir,  Suso resalta que para que a lei vaia para adiante ten que fixar o prezo de coste de producción do leite, podendo ser o prezo medio do Observatorio do Leite.

Conclúen os tres presidentes que a lei ten que aplicarse tamén para industria e non so para eles, polo que é necesario poñer ferramentas ou mecanismos que obriguen a que se cumpra.

En canto a afirmación que fixo Garzón ó periodico inglés The Guardian, de que a carne da gandería intensiva era de mala calidade, os tres presidentes coinciden en que non ten razón.

Fernando Suárez Mouro di que un ministro ten que pensar o que di e non dicir cousas que xeneran confusión e son dañinas para un sector e a economía de seu país.

Manolo Sandomil pensa que o ministro se equivocou e que non pode tirar pedras contra o seu propio tellado. O ministro debe dimitir por meter dúas veces a pata, pois cada minuto que pasa no seu posto xoga en contra dos gandeiros.

Suso Manteiga afirma que o ministro está de psiquiatra porque non pensa o que di, non pode decir que a carne que se produce no seu país e de mala calidade. España produce a millar carne de todos os países e no hai carne de mala calidade, toda a carne e de boa calidade e diferencia duos tipos de carne de calidade, carne boa e carne suprema.

Ademáis por moito que se tergiversaran a súas palabras ou que se queira aproveitar politicamente, reiterounas e polo tanto non ten perdón de Dios.

Artículos relacionados

- Advertisement -spot_img

ÚLTIMOS ARTÍCULOS