5.6 C
Galicia
jueves, marzo 28, 2024

A XUNTA AVANZA NA ESTRATEXIA DA CARNE INAUGURANDO AS SÚAS MESAS DE PROPOSTAS PARA REACTIVAR A PRODUCIÓN E O CONSUMO DESTE SECTOR CLAVE DO AGRO GALEGO

  • Desde que en setembro pasado arrancase o proceso participativo de elaboración da Estratexia cunha xuntanza con todos os axentes implicados, tiveron lugar varios encontros de traballo que se seguirán producindo para analizar e redactar medidas
  • A Estratexia de dinamización do sector cárnico de Galicia busca promover unha produción sustentable con rendibilidade nas explotacións, fomentar o consumo dos distintos tipos de carne e incentivar a formación e a investigación neste eido  
  • Estase a deseñar coa Fundación Juana de Vega, como aconteceu coas xa implementadas Estratexias do lácteo e do viño

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2022.- O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, participou hoxe na primeira mesa de propostas que se celebra no marco do proceso participativo de elaboración da Estratexia de dinamización do sector cárnico de Galicia, que virá perfilar os eixes estratéxicos e accións que deben implementarse neste eido deica o ano 2030. Un proceso no que se están a implicar todos os axentes involucrados (gandeiros, industrias, cadeas de distribución ou asociacións e organizacións profesionais agrarias) e que se está a levar a cabo da man da Fundación Juana de Vega, como aconteceu coas Estratexias do lácteo e do viño, xa en marcha.  

Dende que en setembro de 2021 tivese lugar o primeiro encontro con todas as partes, leváronse a cabo varias reunións de traballo e mesmo unha xornada participativa para a elaboración de distintos documentos nos que se establezan as fortalezas, oportunidades, debilidades e ameazas relativas á produción, á industria e á comercialización e os mercados do sector cárnico galego. Tamén se están a realizar entrevistas individuais cos principais actores das diferentes cadeas de valor do sector, para complementar a análise.

Mentres, hoxe deron comezo -no Pazo de Quián de Sergude (Boqueixón)- as mesas de propostas, concibidas para recoller suxestións dos distintos axentes de cara á redacción de medidas e accións concretas. Así, arredor de medio cento de representantes trataron este xoves o relevo xeracional no eido da produción; a interlocución entre gandeiros, industria e distribución no que respecta á cadea de valor; e a promoción de produtos cárnicos xunto coa sensibilización da sociedade sobre a importancia deste sector como xestor do territorio en relación aos mercados e ao consumo.

Nas vindeiras semanas abordaranse outras cuestións como os aspectos medioambientais, a sustentabilidade das producións e o benestar animal; a posibilidade de novos produtos para a xeración de valor na cadea; e o acceso a mercados exteriores e novos nichos de mercado. Tamén a reorientación produtiva e o aumento da base territorial das granxas; as necesidades de I+D+i, formación, asesoramento para a industria e a produción; e o estado actual das marcas de garantía e das indicacións xeográficas protexidas como elementos de diferenciación e acceso aos mercados.

A maiores, está previsto programar máis reunións de traballo para culminar redactando as propostas que darán forma á Estratexia de dinamización do sector cárnico de Galicia, xunto coas medidas de acción que permitan materializalas. Así mesmo, realizarase un encontro intensivo para expoñer e contrastar as actuacións que se vaian deseñando, co obxectivo de acabar de perfilar o documento definitivo que deberá rexer o futuro do sector. 

Sector estratéxico

A produción cárnica constitúe un eido estratéxico do rural galego. Destacan cifras como as do vacún de carne, que sitúan a nosa comunidade como a terceira rexión produtora do Estado, con máis dun 14% da produción total nacional. 

Canto á comercialización, a IXP Ternera Galega posúe unha cota do 55% dentro das indicacións xeográficas protexidas de carne a nivel estatal. Os sectores avícola e cunícola galegos tamén se sitúan entre os principais produtores de España, mentres o resto de orientacións cárnicas ofrecen aínda

Artículos relacionados

- Advertisement -spot_img

ÚLTIMOS ARTÍCULOS