11.4 C
Galicia
domingo, mayo 5, 2024

3,5 MILLÓNS DE EUROS EN AXUDAS PARA INFORMACIÓN E PROMOCIÓN DOS PRODUTOS GALEGOS CON CALIDADE DIFERENCIADA

  • O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, coa convocatoria e as bases
  • Poderán ser beneficiarias destas subvencións as agrupacións de produtores, considerando como tales os consellos reguladores ou as entidades asociativas sen ánimo de lucro nas que participan produtores
  • As actividades subvencionables serán as actuacións de información e promoción que teñan como finalidade inducir ás persoas consumidoras a adquirir produtos de calidade

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2022.- A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, destina un total de 3,5 millóns de euros ás axudas para o apoio ás actividades de información e promoción dos produtos agroalimentarios galegos con calidade diferenciada, realizadas por grupos de produtores no mercado interior no exercicio 2022. Así o recolle hoxe o Diario Oficial de Galicia coa publicación da correspondente resolución coas bases e a convocatoria. 

Nesta convocatoria de axudas, que están cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020, poderanse atender accións de información e promoción que se realicen durante todo o ano 2022 e as que finalicen, como moi tarde, o 31 de xaneiro de 2023. O orzamento para este ano 2022 é de 2,1 millóns de euros e para o 2023 de 1,4 millóns. 

Poderán ser beneficiarias destas subvencións as agrupacións de produtores, considerando como tales os consellos reguladores ou as entidades asociativas sen ánimo de lucro nas que participan produtores. Estes serían os titulares de explotacións agrarias ou de instalacións de transformación implicados nalgún programa de calidade diferenciada dos alimentos. 

As actividades subvencionables serán as actuacións de información e promoción que teñan como finalidade inducir ás persoas consumidoras a adquirir produtos de calidade, isto é, con denominación de orixe ou indicación xeográfica protexida ou de produción ecolóxica. Nesta liña, entrarían as campañas publicitarias nos distintos medios de comunicación e outras accións de promoción, tales como catas comentadas, degustacións, presentacións públicas, etc. Tamén serán obxecto de subvención a participación ou organización de feiras e exposicións do sector agrario e agroalimentario ou eventos dixitais, máis acordes coa actual situación sanitaria. 

As solicitudes deberán presentarse por vía telemática, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. O prazo para a súa presentación será de dous meses, polo que rematará o vindeiro día 31 de marzo.

Enlace á resolución no DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220131/AnuncioG0528-050122-1_gl.html

Artículos relacionados

- Advertisement -spot_img

ÚLTIMOS ARTÍCULOS