13.9 C
Galicia
viernes, abril 17, 2026

A Xunta constata que os costes de producción para os gandeiros da leite subiron 4 céntimos no último ano.

  • O informe, elaborado en colaboración coa Fundación Juana de Vega, precisa que os ingresos das explotacións medraron un 2,71% en 2021 respecto de 2020, mentres que os custos se incrementaron en preto do 12%, provocando o conseguinte deterioro das súas contas de resultados
  • Tendo en conta estas cifras, José González reiterou a demanda de Galicia ao Estado para que actúe propiciando un gran acordo entre a distribución, a industria e os produtores a prol dunha prima de emerxencia que garanta a viabilidade do sector
  • A Xunta e as organizacións agrarias asinarán un documento coas demandas de Galicia en prol da viabilidade do lácteo, que será remitido ao Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación

Boqueixón (A Coruña), 18 de febreiro de 2022.- O conselleiro do Medio Rural, José González, presentou hoxe aos representantes dos gandeiros galegos de vacún de leite un estudo que constata un impacto do incremento dos seus custos de produción de 4 céntimos por litro no 2021 en comparativa co ano 2020. Na presentación, que tivo lugar no Pazo de Quián, en Sergude (Boqueixón), participaron representantes de Unións Agrarias, o Sindicato Labrego Galego, a Federación Rural Galega, a Asociación Agraria de Galicia e a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias.

( O conselleiro do Medio Rural presentou ás organizacións profesionais agrarias, asociacións e cooperativas un estudo sobre a evolución dos principais datos sectoriais )

  220218_Custos sector vacuno

Este informe, elaborado en colaboración coa Fundación Juana de Vega a partir dunha mostra representativa de explotacións, avalía a evolución tanto dos prezos do leite como dos seus ingresos e custos entre 2020 e 2021. Así, en relación cos primeiros, confírmase que aumentaron un 3,16%. Pola súa banda, os ingresos medraron un 2,71%, mentres que os custos se incrementaron en preto do 12%. Isto supón, tal como explicou o conselleiro, que se está a rexistrar no sector unha situación de venda a perdas xeneralizada, algo que vai en contra da Lei nacional da Cadea Alimentaria.

Os custos das materias primas e insumos avaliados neste estudo refírense aos alimentos para o gando, a electricidade, o gas e o gasoil, fundamentalmente. No caso da enerxía rexistráronse subas de ata o 55%. No que atinxe á cebada, o custo medrou en máis dun 31%, no penso preto do 17% e no carro mesturador externo que leva a ración ás explotacións de case o 12%.

Con estes datos, o conselleiro indicou que se está a vivir un importante deterioro das contas de resultados das explotacións, situándose a marxe neta de ingresos no -2,3%, cando no 2020 este indicador era positivo e acadaba case o 6%. Como conclusión, tal e como advertiu o titular de Medio Rural, constátase que o impacto estimado da suba de materias primas nos custos de produción nas explotacións foi de 4 céntimos, pasando dos 0,36 céntimos por litro aos 40.

Artículos relacionados

ÚLTIMOS ARTÍCULOS