6 C
Galicia
jueves, enero 27, 2022

A XUNTA INCREMENTA EN PRETO DUN 17% AS AXUDAS PARA O FOMENTO DA CONTRATACIÓN DE SEGUROS AGRARIOS ATA OS 7 MILLÓNS DE EUROS

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2022.- A Xunta incrementa en case un 17% a dotación das axudas para o fomento da contratación de seguros agrarios, pasando dos seis millóns de euros destinados na convocatoria de 2021 aos sete millóns no presente ano. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a correspondente orde da Consellería do Medio Rural pola que se establecen as bases reguladoras destas achegas e se convocan para o ano 2022.

A Xunta concederá estas axudas de forma directa aos agricultores e poderán ser beneficiarios os asegurados que sexan titulares de explotacións agrarias galegas, sempre que subscriban pólizas de seguros de liñas agrícolas do Plan 2022 e de liñas gandeiras dos plans 2021 e 2022, formalizadas este ano. Tamén poderán recibir estas subvencións os titulares de explotacións de acuicultura continental. Contémplanse, así mesmo, os seguros de retirada e destrución de animais mortos nas explotacións.

Sobre o prazo de presentación de solicitudes, nos diferentes anexos da orde establécense as datas de inicio de subscrición de pólizas de seguros correspondentes ás distintas liñas que compoñen o Plan de seguros agrarios. As datas abarcan desde o 1 de xaneiro ata o 15 de novembro, segundo a liña de seguro da que se trate, así como do tipo de produción asegurable. 

Solicitude de axuda

A formalización da correspondente póliza ou contrato de seguro pola persoa asegurada considerarase solicitude de axuda, sempre que se realice dentro dos períodos de subscrición estipulados pola normativa do plan anual vixente establecido polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. A contratación da póliza constitúe unha declaración do asegurado de que reúne os requisitos exixidos nas normas reguladoras sobre subvencións e axudas públicas.

Coa aprobación destas axudas -e co incremento da súa dotación para 2022-, a Administración autonómica consolida o seguro agrario como ferramenta eficaz e fiable diante dos riscos naturais no sector, permitindo aos agricultores e gandeiros a obtención de rendas dignas en caso de sinistros e aportando estabilidade á xestión das súas explotacións.

Enlace á orde no DOG: 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220113/AnuncioG0426-291221-0001_gl.html

Artículos relacionados

Nuestras redes sociales

2,166FansMe gusta
500SeguidoresSeguir
99SeguidoresSeguir
- Advertisement -spot_img

ÚLTIMOS ARTÍCULOS

Social Media Auto Publish Powered By : XYZScripts.com