6 C
Galicia
jueves, enero 27, 2022

A XUNTA CONVOCA AS AXUDAS PARA O FOMENTO DAS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS POR UN IMPORTE DE 200.000 EUROS

 12 de xaneiro de 2022.-O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde da Consellería do Medio Rural pola que convocan as axudas para o fomento das razas autóctonas galegas neste ano 2022.  16 fútbol Manuel Ferreiro si si RoberDesta forma, o departamento que dirixe José González mantén o seu compromiso coa conservación destas razas, apostando pola súa protección e defensa.

A liña de achegas, que conta cun orzamento de 200.000 euros, ten como finalidade aumentar a rendibilidade das explotacións gandeiras galegas e modernizar o sector en materia de xenética, sanidade e produción animal. Tamén busca unha mellora da eficiencia dos sistemas produtivos agrarios e das calidades neste tipo de producións, xa que as razas autóctonas son un claro exemplo de recurso xenético fundamental na preservación de ecosistemas e pastos.

Os beneficiarios potenciais destas axudas son todas aquelas organizacións ou asociacións de criadores das razas autóctonas galegas que estean oficialmente recoñecidas para a xestión do libro xenealóxico das razas autóctonas españolas pola comunidade autónoma galega.

As actuacións a subvencionar son a creación ou mantemento de libros xenealóxicos, incluíndo os gastos derivados da súa actividade, os do local ou oficinas, a actualización, adquisición e mantemento de ordenadores e material informático, así como a contratación e gastos de persoal técnico e administrativo.

Tamén serán subvencionables os gastos que se deriven do desenvolvemento do programa de mellora oficialmente recoñecido para a raza, no que se recollerán as actividades destinadas á conservación in situ da mesma, así como a creación e mantemento de bancos de xermoplasma en centros autorizados oficialmente e as probas destinadas a determinar a calidade xenética ou o rendemento do gando.

Tal como se establece na convocatoria, o prazo para solicitar estas achegas é dun mes, contado a partir de mañá, e deberán presentarse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Enlace á orde no DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220112/AnuncioG0426-231221-0004_gl.html

Artículos relacionados

Nuestras redes sociales

2,166FansMe gusta
500SeguidoresSeguir
99SeguidoresSeguir
- Advertisement -spot_img

ÚLTIMOS ARTÍCULOS

Social Media Auto Publish Powered By : XYZScripts.com