5 C
Galicia
jueves, marzo 28, 2024

Monserrat Valcárcel
O modelo produtivo de referencia da Granxa Experimental será o pastoreo

A granxa experimental do Campus Terra conta cunha nave principal de 2.500 m2 deseñada para albergar ao redor de 70 vacas en produción. As instalacións docentes multiusos están dotadas de laboratorio duns 400 m2, unha nave para albergar a maquinaria de 500 m2 e unha fosa séptica de 600 m2. As infraestruturas están dispostas no centro dunha única parcela de 30 hectáreas.

As instalacións da granxa permiten desenvolver proxectos de moi diversa índole, destacando a existencia dun robot de muxido de última xeración que facilita recoller información concreta sobre o estado de cada animal e o seu comportamento en cada momento. Toda esta información, xunto cun deseño das instalacións amplo e versátil, abre un extenso campo de investigación no eido do benestar animal, da agricultura intelixente e da optimización dos recursos propios da granxa.

Esta aula e laboratorio gandeiro está fi nanciado pola Deputación de Lugo e pola Universidade de Santiago. Falamos coa vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo e Coordinadora do Campus Terra, Montserrat Valcárcel Armesto (O Incio, 1971). Profesora titular na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría en Lugo, a súa actividade investigadora está centrada na xestión da auga, con máis de 50 artigos académicos publicados.

Forma parte dun grupo de innovación docente que ven realizando desde 2013 diversas actividades para contribuír ao fomento das vocacións científi cas no alumnado preuniversitario (campamento científi co Campus de Verán XuvenCiencia) e para establecer unha relación máis estreita entre a comunidade científi ca e a sociedade.

Estaba previsto que a granxa experimental xa estivese en marcha, pero a pandemia COVID-19 e, xa se sabe, as obras parecen pouco compatibles coa exactitude das previsións. Cando se vai poñer en marcha e como?

O impacto da COVID- 19 afectou á inauguración da granxa sobre todo en termos de procedementos e prazos administrativos. Antes da crise estimábase que estaría a pleno funcionamento para o inicio do curso 2020-2021, coincidindo co comezo das prácticas docentes da Facultade de Veterinaria e da Escola Politécnica Superior de Enxeñería. Actualmente, coa información que temos enriba da mesa e sendo prudentes, estaríamos falando dunha dilación de entre 2 e 3 meses que é o que levará finalizar a mellora do firme co formigonado de 5000 m2 ao redor da granxa. Pero insisto en que debemos ser prudentes e ter en conta tódolos escenarios.

A GE, pioneira na universidade española, vai mellorar a docencia, a investigación e a transferencia de experiencias contrastadas aos gandeiros

Vista como granxa vai presentar algúns avances coma atender ao benestar animal. En que consisten?

As posibilidades que ofrece esta nova infraestrutura son múltiples no ámbito da Smart Farming. Daquela, esta granxa permitirá desenvolver e testar procesos, pautas, tecnoloxías e mecanismos propios da chamada agricultura e gandería de precisión, tamén chamada agricultura/ gandería intelixente. O modelo produtivo de referencia será o pastoreo, sistema amplamente aplicado en países como Holanda e pouco adoptado en Galicia, e que pretendemos sirva de referente para aquelas explotacións que se decidan por sistemas menos intensivos.

O modelo vixente nas últimas décadas, pero que na actualidade esta seriamente cuestionado por, entre outras razóns, non incorporar ás súas praxes cotiás conceptos transversais imperantes como o son a alimentación saudable, benestar animal ou sustentabilidade.

Hai outras innovacións que podan ser interesantes para os gandeiros do sector lácteo.

03A granxa conta, ademais, cunha situación privilexiada en canto á distribución das parcelas, xa que concentra as 30 hectáreas de superficie ao redor da nave principal, o que permite combinar o robot de muxido cun modelo de produción en base ao pastoreo. Esta Granxa Experimental antóllase pois coma un laboratorio vivo acaído para a posta en práctica de conceptos e preceptos optimizados nas estratexias de márketing, pero non tan presentes na realidade cotiá.

“A participación dos produtores é unha das patas principais no deseño da granxa. Está prevista a creación dun grupo de traballo formado por gandeiros”

O benestar animal ou a sustentabilidade (ambiental, social, económica e territorial) constitúen aspiracións irrenunciables no camiño que bota a andar esta granxa de vacún de leite. A instalación nace coa pretensión de acubillar as vacas máis felices do mundo e coa ambición de facer partícipe deste xúbilo ás mulleres e homes que manteñen vivo o medio rural, coa posibilidade de mellorar a rendibilidade das explotacións agrogandeiras e, polo tanto, do seu traballo cotiá.

Cales van ser as función desta granxa?

A granxa nace con tres obxectivos principais, mellorar a formación práctica e teórica de veterinarios e enxeñeiros agrónomos e calquera mestrado relacionado co sector da USC. Tamén reforza a proposta de acreditación internacional da Facultade de Veterinaria.

Ademais da vertente docente, a granxa vén a impulsar a xeración do coñecemento no ámbito da produción láctea dende diversos enfoques como a sanidade, reprodución e patoloxía animal, nutrición, mecanización rural, economía agraria, produción vexetal, industrias lácteas, tecnoloxía de alimentos, etc. Por último, todo o coñecemento xerado a través da investigación ten por obxectivo dar resposta a necesidades concretas do sector. A transferencia de resultados ao mesmo é o terceiro piar sobre o que se sustenta o proxecto.

Haberá liñas de investigación do mundo gandeiro aparte do lácteo?

Ademais da granxa experimental existen outros compromisos entre o campus Terra da USC e a Deputación de Lugo para implantar, xunto coa asociación de produtores de Porco celta (ASOPORCEL), unha granxa porcina desta raza nos terreos da Deputación. O modelo de granxa amplíase xa que, ademais dos fins docentes, investigadores e de transferencia de coñecemento ao sector, está previsto que a produción de leitóns da granxa redunde nunha mellora da raza autóctona.

Como se escollerán as liñas de investigación desta granxa? Terán algún peso o produtores de leite?

A participación dos produtores é unha das patas principais no deseño da granxa. Está prevista a creación dun grupo de traballo formado por gandeiros, especialmente da provincia, coa finalidade de detectar as problemáticas máis inmediatas e tratar de incorporalas á axenda investigadora e experimental da granxa, en coordinación con outros centros, promovendo a organización cursos e xornadas de utilidade que dean resposta a esas problemáticas.

Normalmente as financiadoras da investigación en España son as institucións públicas (UE, Gobernos central e autonómico). Unha industria ou asociación de produtores poden propoñer un programa de investigación?

A gobernanza da granxa contempla distintos mecanismos para integrar as necesidades e propostas do sector. Ademais do grupo de traballo de gandeiros cóntase cunha comisión de coordinación formada por investigadores e técnicos do Campus Terra e encargada de avaliar as propostas de investigación que chegan. Esta comisión está aberta a calquera iniciativa do sector, sempre e cando non interfira nos obxectivos xerais da granxa. Creemos que o éxito do proxecto estará precisamente alá onde poida funcionar como servicio público á disposición do sector.

“A instalación nace coa pretensión de acubillar as vacas máis felices do mundo e coa ambición de facer partícipe deste xúbilo ás persoas que manteñen vivo o medio rural”

A construción desta granxa experimental esta financiada pola Deputación de Lugo. A canto ascenden as súas achegas? Hai outras institucións, por exemplo Universidade, Xunta, goberno central que fixeran aportacións?

Este é un proxecto ambicioso que aspira a reforzar o apoio a un sector clave da provincia de Lugo como é o lácteo, tanto a Deputación de Lugo como a USC foron moi conscientes da súa importancia e entre ámbolos dous aportan ao redor dos 2 millóns de euros, dos cales a Deputación aporta o 65% e o outro 35% a universidade.

Prevé que financien programas de investigación?

Aínda hai cousas que están por definir e debemos ser cautos á hora de anunciar iniciativas, mais nunha situación como a actual da que aínda se descoñece o alcance das implicacións reais da crise. A vocación da granxa vai nesa liña, servir de lanzadeira para as iniciativas de investigación incluíndo a busca de oportunidades de financiación para apoialas.

Un treito non sempre fácil é a transferencia do avances científicos ao sector. Como ve este asunto?

A transferencia de coñecementos é unhas das pezas clave que definirá o éxito do proxecto, tanto de xeito directo, a través de formación e celebración de xornadas de divulgación como inverso, garantindo canles de comunicación estreita produtores-universidade que faciliten a detección das necesidades reais dos gandeiros e poder dar unha resposta axeitada.

Cre que neste campo a investigación resulta mais visible e, polo tanto, axudar a ver a utilidade dos investimentos en investigación en xeral?

Sen dúbida dar resposta ás necesidades reais é o obxectivo principal da investigación. Esta granxa experimental, de carácter pioneiro na universidade española, antóllase tamén como unha oportunidade para sensibilizar e trasladar á sociedade a necesaria implementación da perspectiva de responsabilidade nas accións e actuacións de cada quen.

As prácticas responsables son un factor imprescindible, por non dicir esencial, no propósito de avanzar cara o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), o documento de referencia aprobado e aceptado pola comunidade internacional como folla de ruta cara un mundo mellor.

Que vai supoñer esta granxa experimental para a Universidade de Santiago e, en concreto, para o Campus de Lugo?

A Granxa Experimental é pois un activo máis do que, a partir de xa, a USC e, nomeadamente o seu Campus Terra de Lugo, pode dispor e facer uso.

As vantaxes que pode reportar esta nova infraestrutura nos ámbitos da docencia e da formación do seu alumnado, especialmente no caso da Facultade de Veterinaria e da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría, están fóra de dúbida. Diría máis, esta nova infraestrutura, que é resultado da frutífera colaboración que manteñen USC e Deputación de Lugo, permitirá acadar as melloras esixidas polas entidades de acreditación internacional para que as titulacións universitarias impartidas no Campus de Lugo (Veterinaria ou as enxeñarías agronómicas, forestal e Civil) manteñan a súas posicións de liderado no contexto global.

As instalacións da Granxa Experimental costan ao redor de 2 millóns de euros, o 65% achegados pola Deputación de Lugo e o
resto pola USC

Os gandeiros de leite poderán visitar a granxa para observaralgúns avances coma o benestar animal ou a evacuación de xurros da que falamos? Se organizarán conferencias para informar das innovacións?

Sen dúbida a presencia activa dos gandeiros e a resposta ás súas necesidades é precisamente un dos obxectivos principais da USC. Neste sentido, o Campus Terra ven de lanzar recentemente unha enquisa para coñecer a percepción dos gandeiros con respecto á crise xerada polo COVID-19 e as necesidades concretas en formación das que puidera fornecer a Universidade a través da granxa (ver resultados da enquisa).

Cal vai ser o lugar da Granxa Experimental no eido das entidades que en Galicia xa está investigando o rural?

En Galicia o sector lácteo é un sector moi maduro, que xa conta con organismos de investigación como o CIAM de Agacal e outros especializados na formación como Sergude ou Efa-Fonteboa, que levan anos axudando a que o sector lácteo galego sexa punteiro a nivel nacional e xogue na “champion league” europea. A Granxa Experimental reforza asemade a grella de prestacións e servizos que pode ofrecer o campus de Lugo ao sector lácteo. A unidade de leite da Granxa constitúe pois un complemento perfecto da Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (APLTA), outra infraestrutura tecnolóxica de que dispón o Campus de Lugo e que permite dar resposta e atender as demandas e necesidades de I+D+I cursadas por grandes empresas e tamén por produtores e transformadores de pequeno e mediano tamaño. A Unidade de Leite e a Aula de Produtos Lácteos permiten á USC completar e pechar o ciclo (produción, transformación e innovación alimentaria) dun recurso que en Galicia ben merece o alcume de ‘ouro branco’.

As instalacións da Granxa Experimental costan ao redor de 2 millóns de euros, o 65% achegados pola Deputación de Lugo e o resto pola USC

Os gandeiros de leite poderán visitar a granxa para observar algúns avances coma o benestar animal ou a evacuación de xurros da que falamos? Se organizarán conferencias para informar das innovacións?

13 Sen dúbida a presencia activa dos gandeiros e a resposta ás súas necesidades é precisamente un dos obxectivos principais da USC.

Neste sentido, o Campus Terra ven de lanzar recentemente unha enquisa para coñecer a percepción dos gandeiros con respecto á crise xerada polo COVID-19 e as necesidades concretas en formación das que puidera fornecer a Universidade a través da granxa (ver resultados da enquisa).

Cal vai ser o lugar da Granxa Experimental no eido das entidades que en Galicia xa está investigando o rural?

En Galicia o sector lácteo é un sector moi maduro, que xa conta con organismos de investigación como o CIAM de Agacal e outros especializados na formación como Sergude ou Efa-Fonteboa, que levan anos axudando a que o sector lácteo galego sexa punteiro a nivel nacional e xogue na “champion league” europea.

A Granxa Experimental reforza asemade a grella de prestacións e servizos que pode ofrecer o campus de Lugo ao sector lácteo. A unidade de leite da Granxa constitúe pois un complemento perfecto da Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (APLTA), outra infraestrutura tecnolóxica de que dispón o Campus de Lugo e que permite dar resposta e atender as demandas e necesidades de I+D+I cursadas por grandes empresas e tamén por produtores e transformadores de pequeno e mediano tamaño.

A Unidade de Leite e a Aula de Produtos Lácteos permiten á USC completar e pechar o ciclo (produción, transformación e innovación alimentaria) dun recurso que en Galicia ben merece o alcume de ‘ouro branco’.

Artículos relacionados

- Advertisement -spot_img

ÚLTIMOS ARTÍCULOS