5.3 C
Galicia
viernes, abril 19, 2024

A XUNTA ANIMA ÁS EMPRESAS FORESTAIS GALEGAS A PRESENTAR OFERTAS PARA LEVAR A CABO OBRAS SILVÍCOLAS EN MONTES DE TODA A COMUNIDADE POR PRETO DE 7,5 M€

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2021.- A Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, mantén aberto o prazo para presentar ofertas no marco de dous procedementos de contratación de obras de tratamentos silvícolas por un total de 7.483.720,95 euros, publicados na plataforma de contratación da Xunta de Galicia (www.contratosdegalicia.gal). As obras fináncianse con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 75%, repartíndose o 25% restante entre o Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación e a Xunta de Galicia.

O primeiro destes contratos circunscríbese á provincia de Lugo e consta de 10 lotes (obras) aos que as empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas por separado. En total, os lotes suman 2,65 millóns de euros. O segundo afecta ás tres provincias restantes e consta de 19 lotes por un total de 4,82 millóns de euros. O prazo para presentar ofertas rematará o 26 de xaneiro, no primeiro caso, e o 9 de febreiro, no segundo.

Cómpre resaltar que para a selección das actuacións que se incluíron nos proxectos de obra valorouse a existencia dun proxecto de ordenación nos montes afectados, o que permite avanzar na execución das accións previstas nestes instrumentos, imprescindible para manter os certificados de xestión forestal sostible -PEFC e FSC- que ostenta a Xunta de Galicia. A certificación forestal sostible garante -ao máximo nivel- que a xestión dos bosques certificados é respectuosa co medio ambiente, ao mesmo tempo que cumpren outras funcións ecolóxicas, económicas e sociais. 

Os licitadores realizarán todos os trámites de xeito telemático, dende a consulta da información dos lotes ata a oferta final. O procedemento en liña é posible grazas á plataforma desenvolvida pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, que permite tramitar a contratación das obras da Xunta de Galicia de xeito completamente dixital. 

Compromiso da Xunta

Esta iniciativa enmárcase nunha sociedade europea que se atopa en vías de descarbonización, coa vista posta nos retos e oportunidades que están a demandar o Pacto Verde Europeo e a transición á bioeconomía. 

Nese contexto, preséntase como clave o potencial de ecomateriais substitutivos baseados na madeira -en sectores como a construción, os téxtiles, os produtos químicos ou o envasado- seguindo o principio de “Reconstruír de novo facéndoo mellor” (“Building back  better” BBB).

Artículos relacionados

- Advertisement -spot_img

ÚLTIMOS ARTÍCULOS

Social Media Auto Publish Powered By : XYZScripts.com