8.6 C
Galicia
viernes, mayo 17, 2024

A XUNTA PROPON UNHA PRIMA DE EMERXENCIA DE 4 CENTIMOS POR LITRO DE LEITE PARA PALIAR AS DIFICULTADES DOS GANDEIROS.

  • José González avanzou que se vai crear a Axencia de Información e Control Alimentario de Galicia, como entidade encargada de controlar o cumprimento das obrigas derivadas da Lei da Cadea Alimentaria no ámbito galego
  • Lembrou que esta medida se suma a outras tamén impulsadas polo Goberno galego, como son a posta en marcha da aplicación informática Conta Láctea, creada para axudar os gandeiros na súa negociación dos prezos
  • Pola contra, censurou a falta de impulso, por parte do Goberno do Estado, para facer realmente efectivas medidas como a Lei da Cadea Alimentaria e nomeadamente para frear a venda a perdas

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2022.- A Xunta proporá ao Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación (MAPA) que active para toda España -tal e como xa fixo o Goberno italiano- unha prima de emerxencia estable de ata catro céntimos por litro de leite, co fin de paliar as dificultades que están a atravesar os gandeiros polo incremento dos custos de produción. Así o avanzou hoxe o conselleiro do Medio Rural, José González, antes de reunirse con representantes das organizacións profesionais agrarias, asociacións e cooperativas para avaliar a situación do sector lácteo e avanzar na adopción de medidas encamiñadas a superar as dificultades polas que atravesa este eido, debidas en gran medida ao incremento constante dos custos de produción. Nas próximas semanas, avanzou, manterase outro encontro para analizar a situación do sector da carne. O conselleiro do Medio Rural reuniuse hoxe coas organizacións profesionais agrarias, asociacións e cooperativas para avanzar medidas a prol do sector lácteo

(O conselleiro do Medio Rural reuniuse hoxe coas organizacións profesionais agrarias, asociacións e cooperativas para avanzar medidas a prol do sector lácteo)

Nesta liña, o conselleiro explicou que esta “solución italiana” baséase en acadar un acordo entre a distribución, a industria e os gandeiros para establecer a devandita prima, cun tope de 41 céntimos por litro -excluíndo primas por calidades e IVE- ao longo de 2022. Segundo José González, trátase dunha medida excepcional, para facer fronte ao incremento dos custos.

Canto a este incremento, o titular de Medio Rural apuntou que se vén constatando unha suba de custos de produción superior ao 10% que repercute en 4 céntimos no litro de leite e en 75 céntimos no caso do quilo de carne. Deste xeito, engadiu, queda acreditada unha venda a perdas xeneralizada, nun contexto internacional de encarecemento das materias primas e de insumos como a luz, o combustible e os fertilizantes, entre outros. Nesta conxuntura, a Xunta -insistiu José González- non pode defender a fixación de prezos mínimos, porque isto non está permitido pola normativa de competencia española, ao consideralos unha restrición á libre competencia.

Artículos relacionados

- Advertisement -spot_img

ÚLTIMOS ARTÍCULOS