7.5 C
Galicia
martes, abril 16, 2024

Convocatoria de unha conferencia sectorial polo aumento dos costes de producción debidos a guerra de Ucrania.

  • A Xunta insta ao Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación a que conte coas comunidades autónomas á hora de planificar a adopción de medidas para atallar a crise
  • José González advertiu sobre as previsións de incremento dos custos de produción, que veñen sumarse ás dificultades polas que xa atravesan sectores de gran importancia en Galicia, caso do gandeiro
  • Tendo estes antecedentes xa comunicados ao ministro, o conselleiro sinalou que a invasión rusa vai poñer ao sector agroalimentario en xeral contra as cordas e levalo a unha situación que pode tornarse dramática

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2022.- Galicia demanda ao Estado que convoque á maior brevidade posible unha Conferencia Sectorial de Agricultura e Desenvolvemento Rural extraordinaria para abordar as consecuencias da invasión rusa de Ucraína no agro español en particular e nos sectores primarios en xeral. O conselleiro do Medio Rural, José González, trasladou esta petición hoxe durante a súa participación, de forma telemática, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid e que estivo presidida polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas. 

Neste sentido, González chamou a facer unha reflexión sobre a gravidade deste asunto e arredor da necesidade de contar coas comunidades autónomas á hora de planificar a adopción de medidas para atallar a crise. Fixo especial fincapé nas previsións que apuntan cara un importante incremento dos custos de produción. Cómpre ter en conta que Ucraína é un dos principais exportadores de trigo, millo, xirasol, fariña e aceite de xirasol, polo que a paralización das súas vendas ao exterior impactou nas cotizacións internacionais de materias primas destinadas á alimentación animal.

Importacións desde Ucraína

Ademais, anualmente España importa de Ucraína unha media de 2,7 millóns de toneladas de millo, o que representa o 22% das importacións españolas deste cereal, sendo este país do leste de Europa o segundo provedor nacional, despois de Brasil. Tamén importa 233.000 de toneladas de torta de xirasol, que supoñen o 68% das compras que España realiza deste produto, así como aproximadamente 500.000 toneladas de aceite de xirasol.

Tendo estes antecedentes xa comunicados ao ministro, a recente invasión rusa de Ucraína vai poñer ao sector agroalimentario en xeral contra as cordas e levalo a unha situación que pode tornarse dramática, motivo polo que se reclama, con carácter de urxencia, a convocatoria extraordinaria desta Conferencia sectorial. A solicitude ampárase no establecido pola normativa vixente, así como no regulamento interno da Conferencia Sectorial.

O conselleiro advertiu tamén que, máis alá das “tensións no abastecemento” apuntadas polo ministro, existe un risco evidente de aumento dos prezos das materias primas e dos insumos que precisa o sector para producir, polo que cómpre adoptar canto antes medidas paliativas. E nesta liña apuntou que as comunidades autónomas deben ter sidas en conta á hora de planificar unha adecuada resposta, no contexto nacional e comunitario, a esta preocupante situación. 

Artículos relacionados

- Advertisement -spot_img

ÚLTIMOS ARTÍCULOS

Social Media Auto Publish Powered By : XYZScripts.com