7.6 C
Galicia
domingo, mayo 19, 2024

Mencion de recoñecemento a un proxecto centrado na producción de leite de pastoreo e a outro no cultivo ecolóxico do trigo

José Luis Cabarcos entregou as mencións aos responsables destes proxectos, centrados no cultivo ecolóxico de trigo autóctono e na produción de leite de pastoreo 

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2022.- O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, adscrita á Consellería do Medio Rural, José Luis Cabarcos, visitou hoxe dous proxectos que recibiron cadansúa mención dentro do II Foro de innovación produtiva do sector agrario organizado pola Xunta e celebrado en Santiago de Compostela o pasado día 10 de febreiro. Trátase dunha iniciativa vinculada co cultivo ecolóxico de trigo autóctono e outra sobre a produción de leite de pastoreo. 

Trigo autóctono ecolóxico

Así, a primeira parada do director tivo lugar esta mañá na sede de Panadería Da Cunha, no polígono industrial de Carral (A Coruña). Cabarcos entregou a mención a esta empresa, que foi a beneficiaria do proxecto recoñecido, no que tamén participaron a USC e a propia Axencia Galega da Calidade Alimentaria, a través do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM).

A iniciativa consistiu en establecer as bases para producir un trigo autóctono ecolóxico, como materia prima para un pan galego tamén ecolóxico e de calidade diferenciada, así como altramuz e colza, para a gandaría ecolóxica galega. Entre as súas aplicacións destacan as relativas á rotación dos cultivos para obter un incremento da producción, con menor cantidade de patóxenos, e as relacionadas coa mecanización do proceso, procurando o control das malas herbas e a mellora do rendemento do trigo.

Leite de pastoreo

O segundo dos proxectos coñecidos este mediodía por José Luis Cabarcos serviu para desenvolver tecnoloxías para a mellora do perfil en compostos bioactivos do leite de pastoreo en Galicia. O beneficiario foi o Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (Ligal), situado no concello coruñés de Abegondo e que contou neste labor coa participación, tamén, do CIAM, así como da Corporación Alimentaria Peñasanta (Capsa). 

Os resultados do proxecto contribúen a diferenciar este produto/proceso de leite de pastoreo, o cal abre unha vía potencial para gañar competitividade no mercado e permite trasladar aos consumidores os seus valores nutricionais saudables, así como a súa sustentabilidade e aportación á diversidade biolóxica, entre outros.  

Artículos relacionados

- Advertisement -spot_img

ÚLTIMOS ARTÍCULOS