9.2 C
Galicia
domingo, mayo 19, 2024

Unión de organizacións, asociacións e sindicatos para denunciar as industrias que lles pagan as granxas un prezo por debaixo do coste de producir leite.

Esta mañan os representantes das organizacions Unións Agrarias, Sindicato Labrego Galego, Federación Rural Galega (FRUGA), a Asociación Agraria de Galicia (ASAGA) e a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA), anunciaron en ronda de prensa que se van a unir para recoller información dos contratos lácteos das industrias que lles paguen as granxas de vacuno por debaixo do que costa producir a leite.

Estas denuncias, de carácter anónimo para os productores, serán investigadas pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Agricultura e podrían derivar en sancións as industrias lácteas por incumplimiento da Ley de Cadena Alimentaria.

Roberto García, secretario general de Unións Agrarias denunciou que “As industrias lácteas están ofrecendo contratos de entre 6 e 7 céntimos por debaixo dos costes de producción, estimados pola propia Xunta de Galicia en 0,40 euros por litro, as granjas pequenas e medianas, con unhas entregas anuais de menos de 200.000 litros, o que e claramente discriminatorio e incumple a Ley de la Cadena Alimentaria, que prohíbe claramente a venda a perdas”.

Ana Rodríguez, viceresponsable do sector lácteo no Sindicato Labrego destacou que «As granxas que denuncian a título individual o incumprimiento dos contratos por parte das industrias normalmente no acaban ben e sufren represalias. Coa nova Ley de Cadena as denuncias poden ser presentadas polas organizacións do sector, co cal hay anonimato, e ademáis a administración ten que informar de cómo vai o proceso de instrucción».  E añade «Non pode ser que se lle esté permitindo a industria que reestructure o sector lácteo abocando ao cerre as granxas pequenas e medianas, ao castigalas con un prezo da leite bastante menor que o das explotacions grandes».

Ca reforma da Ley de Cadena as Comunidades Autónomas tamén podrán realizar a investigación dos posibles fraudes por contratos con prezos por debaixo dos costes de producción. Neste contexto o representante de Uniónss Agrarias recordou que “Temos o compromiso da Consellería do Medio Rural de que a longo do mes de marzo publicarán a normativa para crear o Observatorio Galego do Sector Lácteo, que será o instrumento legal para aplicar en Galicia a Ley de Cadena”. Unha vez realizada a investigación, e si a industria non resolve as ilegalidades do contrato, será o Ministerio de Agricultura, a través da Agencia de Información y Control Alimentarios (AICA), a que impoña a industria a sanción correspondente. Todos esperan que co novo procedimento as aplicación das sancions sea moito mais rápida e efectiva que ata agora.

Para lograr este obxetivo, as organizacións agrarias e cooperativas realizarán unha recollida de información entre os contratos que as industrias lle presentan as granxas e formalizarán unha denuncia conxunta de aquelas que ofrezcan os productores contratos por debaixo dos costes de producción.

Na reunión de traballo desta mañan tamen se formulou a reclamación a Xunta de Galicia de recuperar unha mesa permanente de interlocución na que estén presentes productores, industrias lácteas e distribución.

Elías Somoza, responsable do sector lácteo na Federación Rural Galega, defendeo que “A Xunta ten que volver a convocar a Mesa da Leite, que non se reúne dende o ano 2009, para analizar a evolución dos costes de producción e que os ganadeiros perciban no prezo ese incremento que sí lle trasladó a industria a distribución e esta a os consumidores”.

Para acabar, Francisco Bello, presidente da Asociación Agraria de Galicia, defendeo tamén a creación dunha AICA galega, con capacidade de supervisión e inspección a nivel autonómico, ligada a un Observatorio Galego do Leite, “que determine de maneira obxetiva e imparcial os costes de producción”.

 

Artículos relacionados

- Advertisement -spot_img

ÚLTIMOS ARTÍCULOS