11.4 C
Galicia
domingo, mayo 5, 2024

Beneficios de proyectos de investigación como mellorar a producción de leite ou carne

  • Arredor dunha trintena de representantes do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, do Centro de Investigación Forestal de Lourizán e da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia expoñen as súas liñas de traballo máis destacadas
  • Actualmente están en marcha ou veñen de concluír iniciativas para a mellora da produción agropecuaria ou dos aproveitamentos silvícolas e forestais, así como para o aumento das posibilidades de desenvolvemento do sector vitivinícola galego

Boqueixón (A Coruña), 24 de febreiro de 2022.- O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, está a participar hoxe nunha xornada expositiva que ten lugar no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude, no concello coruñés de Boqueixón, para dar conta da actividade investigadora e de transferencia levada a cabo nos centros de investigación que dependen da Consellería do Medio Rural. Nomeadamente, no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, no Centro de Investigación Forestal de Lourizán e na Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia.

Así, arredor dunha trintena de investigadores están a expoñer as súas liñas de traballo, facendo fincapé nos coñecementos xerados tanto nos proxectos en curso como nos recentemente concluídos. Así, estase a informar de proxectos relacionados con materias como a mellora da produción agropecuaria galega ou dos aproveitamentos silvícolas e forestais dos nosos montes, así como para o aumento das posibilidades de desenvolvemento do sector vitivinícola.

No relativo ao Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, póñense en valor liñas de traballo para a valoración nutricional de forraxes, para a mellora da produción de leite ou de carne, para a consecución de sistemas produtivos sustentables, para a conservación e mellora de recursos fitoxenéticos agrarios ou para a consolidación do estatus sanitario da cabana gandeira.

 

No caso do Centro de Investigación Forestal de Lourizán, ponse de relevo a mellora xenética de diversas especies, a mellora silvícola, a recuperación de áreas afectadas polo lume e a adaptación e preservación de ecosistemas forestais ao cambio climático. Mentres, representantes da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia tratan aos avances en relación ao material vexetal e recursos xenéticos, á protección fitosanitaria do cultivo da vide, á tecnoloxía aplicada a este tipo de produción e a distintos proxectos de enoloxía.

Nas diversas exposicións, os participantes ocúpanse de facer balance do financiamento empregado -en medios humanos ou materiais- en relación aos beneficios que supoñen os resultados das investigacións. Así mesmo, sinalan as estratexias concibidas para facer chegar eses resultados ao sector primario, no caso das actividades de transferencia.

Outros puntos que se detallan son os axentes ou entidades cos que se colaborou ou está a colaborar para levar a cabo as investigacións. Por último, os diversos participantes fan referencia aos retos de futuro das distintas liñas de traballo expostas e a como se poden aproveitar mellor os resultados de I+D+i en cada caso. 

A Axencia

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria non só é o instrumento básico de actuación da Xunta en materia de promoción e protección da calidade diferencial dos produtos alimentarios galegos acollidos aos distintos indicativos de calidade, senón que tamén é competente na investigación e realización do desenvolvemento tecnolóxico relativo ao sector agroalimentario. Así mesmo, promove actividades de I+D+i nos sectores agrícola, gandeiro, forestal e da industria agroalimentaria.

A Axencia conta na súa estrutura con tres centros de investigación de referencia (Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, Centro de Investigación Forestal de Lourizán e Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia) dos que dependen catro Estacións Experimentais (Estación Experimental de Gandaría de Montaña do Marco da Curra, Estación Experimental Agrogandeira da Pobra do Brollón, Estación Experimental Agrícola do Baixo Miño e Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía en Ribadumia) e o Banco de

Artículos relacionados

- Advertisement -spot_img

ÚLTIMOS ARTÍCULOS