10.9 C
Galicia
domingo, mayo 5, 2024

O Conselleiro do Medio Rural pide subir 4 céntimos o precio da leite por contrato

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2022.- O conselleiro do Medio Rural, José González, participou hoxe por videoconferencia no Consejo Consultivo de Política Agrícola para Asuntos Comunitarios, onde instou ao Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación (MAPA) a que propicie un gran acordo entre a distribución, a industria e os gandeiros de vacún de leite a nivel nacional, que faga que se habiliten os mecanismos necesarios para incrementar o prezo actual dos contratos de venda de leite cunha prima de emerxencia que garanta a viabilidade e sustentabilidade económica do sector. Segundo o conselleiro, esta prima debe ser -cando menos- de ata 4 céntimos por litro, cun tope de 41 céntimos, e debería manterse durante todo este ano. O obxectivo desta prima, xa aplicada polo Goberno de Italia, é paliar as dificultades que está a atravesar o sector polo incremento dos custos de produción.

Nesa liña, o titular de Medio Rural apuntou que se vén constatando unha suba de custos de produción superior ao 10% que repercute en 4 céntimos no litro de leite e en 75 céntimos no caso do quilo de carne. Deste xeito, sinalou, queda acreditada unha venda a perdas xeneralizada, nun contexto internacional de encarecemento das materias primas e de insumos como a luz, o combustible e os fertilizantes, entre outros. 

(O conselleiro do Medio Rural participou hoxe por videoconferencia no Consejo Consultivo de Política Agrícola para Asuntos Comunitarios)

Nesta conxuntura, José González reclamou a habilitación de mecanismos específicos de control que garantan o cumprimento da prohibición de venda a perdas, especialmente nas relacións nas que interveñan os produtores primarios. Así, de cara a que as comunidades autónomas vaian asumir as funcións da Axencia de Información e Control Alimentarios (AICA), organismo que ata agora tiña carácter estatal, o conselleiro solicitou unha mellor regulación destes mecanismos de control. A maiores, apuntou á necesidade de que o Estado contribúa de xeito financeiro ao desempeño destas novas competencias, facéndose cargo do custo que suporían ata unha vintena de inspectores na nosa comunidade a través do Proyecto estratégico para la recuperación y transformación económica (PERTE) do sector agroalimentario.

Na súa intervención, o conselleiro insistiu -ademais- en que na normativa estatal se recoñeza como medio de proba do custo efectivo de produción o que se determine a través de aplicacións ou plataformas informáticas especificamente deseñadas ao efecto por parte de organismos públicos con competencias en materia agraria, como a xa implementada en Galicia Conta Láctea. A implantación desta ferramenta está permitindo xa -apuntou- ter datos homoxéneos que sirvan de referencia para a negociación dos contratos dos gandeiros coa industria. 

Artículos relacionados

- Advertisement -spot_img

ÚLTIMOS ARTÍCULOS