8.7 C
Galicia
jueves, abril 25, 2024

Escudriñando o horizonte:
Os gandeiros diante da crise da covid-19

Son tempos de incerteza para todos. Tamén entre os gandeiros dedicados ao leite. Falamos con cinco representantes de organizacións de produtores lácteos en Galicia sobre a incidencia do coronavirus no sector e as perspectivas nestes meses que seguen. Pouco despois do inicio da pandemia os prezos do leite comezaron unha baixada que parece contida polo momento. A causa foi “a importación de leite de Francia como consecuencia de ter pechado alí as fábricas de queixos e, o que non se consume alí, véndese en España”, asegura Juan Novo, presidente de Afriga, “Firmáronse contratos irrisorios”, apunta Manuel Antelo, presidente de Africor Coruña (que dá a súa opinión nun artigo publicado nestas páxinas).

“Chegouse a vender entre 14 e 18 céntimos o litro, afirma Higinio Mougán, xerente da Asociación Galega de Cooperativas Agrarias, para quen os prezos non caeron mais porque os contrato en vigor non o permiten, pero “xa veremos o que ocorre dentro dun mes ou dous”. Segundo Mougán, o impacto nos mercados internacionais do leite supuxo un descenso entre un 20 e un 30 por cento. A Europa afectaríalle particularmente a caída das exportacións aos países do norte de Africa e Oriente Medio que, ao minguar os seus ingresos a causa do derrube da cotización do petróleo, deixaron de mercar leite en po. A posta en marcha das axudas da UE a almacenamentos privados cambiou a tendencia, pero non se está recuperando a niveis do inicio do estado de alarma. Agardemos que cando se fagan axustes non se produza un impacto negativo”

Pola súa parte, José Carlos Vega, presidente de Africor Lugo, e Rafael Méndez, presidente de Africor Pontevedra poñen o acento na caída dos prezos da carne. “Os xatos xa estaban baratos e agora aínda mais, non teñen saída”, indica Vega”.

Rafael Méndez afirma que tampouco as vacas de desvelle, as que as granxas láctea reconducen á produción de carne cando comezan a baixar no leite. “Son as que producen os chuletóns que se consumen nos restaurantes. A ver como ven o verán”.

Estes profesionais da produción de leite consideran esta pandemia coma unha chamada á sociedade e en particular a todos os que gobernan o sector: Unión Europea, Goberno e Xunta. Neste sentido José Carlos Vega pensa que todos os gobernos deben de tomar nota de que, en canto a alimentación, non se pode depender de importacións. Cada país debe manter un mínimo de produción”. “Toda agricultura e gandería ten que ser un sector primordial a protexer”, engade Juan Novo. “Neste sentido, a aplicación da PAC debe repartirse entre agricultores e gandeiros que se dediquen a estas actividades. Polo menos que obteñan un 78 por cento ou mais dos seus ingresos deste sector.

Apostar polos profesionais do campo e non polos chamados “agricultores de sofá”, que apenas teñen ou carecen de actividade no campo, pero cobran subvención simplemente por dispoñer de terras como fixeron grandes empresas coma Renfe e Iberdrola”, explica Novo.

Mercado de gando. EFE

Para Méndez as autoridades a distintos niveis teñen que buscarlle saídas a situacións coma o mercado cárnico. Unha delas sería adiantar as achegas económicas. Mougán indica deberes para cada un. Considera que a UE debería ter outras ferramentas, ademais das axudas ao almacenamento, para facerlle fronte ás crises. E o Goberno e a Xunta de Galicia “deben evitar importacións masivas con prácticas encubertas de dumping tal como pasou esta primavera”.

Mascarilla protectora. Concello Coruña.

Si hai algo positivo de calquera crise son as aprendizaxes de como superalas ou evitalas. Todos destacan a importancia da cadea alimentaria. Xa mais en concreto “a baixada do custe da enerxía e, e menor medida, da alimentación do gando poñen o contrapnto as consecuencias da crese segundo José Carlos Vega.

Méndez cree que unha das saídas no futuro é apostar polos mercados de proximidade e Novo cre que hai que reiventarse de xeito que as industrias pequenas que transforman o leite coma as queixerías e toda a produción artesanal deben facer o mesmo que os produtores da pataca da Limia, que venderon por internet. Inventar e compartir canles sen depender de Amazón”.

Como xente do campo, saben que deben seguir a mirar o horizonte, pero non o lusco fusco, se non os datos e as decisión de política económica para albiscar como vai ser a seguinte tempada.

Artículos relacionados

- Advertisement -spot_img

ÚLTIMOS ARTÍCULOS

Social Media Auto Publish Powered By : XYZScripts.com