13.6 C
Galicia
sábado, mayo 4, 2024

Xenetica Fontao producirá entre 30.000 e 40.000 dosis de semen sexado este ano.

Lugo, 9 de marzo de 2022.- Xenética Fontao, empresa pública adscrita á Consellería do Medio Rural, iniciou o pasado mes de febreiro a produción en exclusiva de seme sexado para Galicia e España, prevéndose entre 30.000 e 40.000 doses anuais en exclusiva para distintas empresas e asociacións españolas. 

O inicio desta produción é de gran importancia para o sector bovino galego, xa que os gandeiros do eido lácteo apostan especialmente por contar con xovencas femias e os da carne preferentemente por machos. Con esta técnica, váiselles garantir ata nun 90% esta selección xenética, o que redundará, de forma moi importante, na mellora da competitividade das súas explotacións.   

Ademais, ata o de agora ese seme sexado había que importalo dende outros países pero coa firma dun contrato público entre Xenética Fontao e a multinacional americana Sexing Technologies, en xuño do pasado ano, ubicouse un laboratorio de sexado nas instalacións que ten Xenética Fontao en Lugo. Desta forma, calquera outro organismo, laboratorio ou axencia que queira producir semen sexado terá que depender de Xenética Fontao.

Así, a día de hoxe, o laboratorio galego xa produciu 10.000 doses de diferentes touros e espérase alcanzar as 20.000 doses de semen sexado para principios do mes de abril. Neste período, a empresa producirá tamén outras 3.000 doses para a raza Rubia galega. Estas cifras amosan que o laboratorio de Xenética Fontao está a pleno rendemento, incluso por diante dos seus obxectivos, e agarda que a partir de abril comece a producir doses de semen para outras empresas do Estado como son ASCOL e ABEREKIN. 

Centro de referencia

Xenética Fontao convértese así dentro de España, pero tamén no ámbito europeo, nun centro de referencia nesta materia e que agora dáse un paso máis para consolidar esa realidade e para favorecer o sector gandeiro galego e mellorar a súa competitividade. Neste contexto, Galicia está na vangarda en materia de xenética animal, algo que contribúe decisivamente a consolidar a súa posición de liderado nacional e mesmo de referente a nivel europeo na produción de leite e de carne, en cantidade e calidade.

Artículos relacionados

- Advertisement -spot_img

ÚLTIMOS ARTÍCULOS