10.9 C
Galicia
domingo, mayo 5, 2024

O prazo para pedir as axudas para apoiar os investimentos nas explotacións, para a incorporación de mozos ao agro e para a transformación e comercialización de produtos agroalimentarios acaba en Marzo.

  • José Balseiros lembrou que tamén están abertos os prazos para solicitar as axudas da PAC, cun orzamento duns 210 millóns de euros, e as achegas para a transformación de produtos agrarios, cun orzamento de 30 millóns de euros
  • Destacou o esforzo da Consellería do Medio Rural para fornecer estas convocatorias e a súa importancia para o agro galego

Forcarei (Pontevedra), 24 de febreiro de 2022.- O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, explicou hoxe a gandeiros de Forcarei as diferentes liñas de axudas da Consellería do Medio Rural para apoiar os investimentos nas explotacións, para a incorporación de mozos ao agro e para a transformación e comercialización de produtos agroalimentarios.

Así, Balseiros lembrou que os prazos para concorrer a estas convocatorias de achegas permanecen abertos. No caso das axudas para plans de mellora, incorporación de mozos e para o desenvolvemento de pequenas explotacións, a data límite para facelo é o vindeiro 9 de marzo. No que atinxe ás axudas para a transformación e comercialización, o prazo vencerá o día 8 de marzo.

O director xeral destacou que as axudas para plans de mellora, mozos e pequenas explotacións contan cun orzamento global de 37,5 millóns de euros e que teñen como obxectivo garantir a continuidade do tecido agrario, así como incrementar a competitividade das explotacións mediante a súa modernización. Trátase dunha das ordes de axudas máis destacadas da Consellería, tanto polo seu importe como polo número de beneficiarios, remarcou Balseiros. 

Con ela búscase mellorar a estrutura produtiva das explotacións galegas e avanzar na consecución dunha adecuada dimensión e un correcto equilibrio dos seus factores de produción co obxectivo de mellorar a competitividade. Ao mesmo tempo, procúrase acadar un rexuvenecemento da poboación activa agraria e o fomento do emprego neste sector, con especial consideración cara ás mulleres, co fin último de fixar poboación no rural.

Achegas para transformación

Con respecto ás achegas para a transformación e comercialización de produtos, o director xeral salientou que a Xunta destina a elas un total de 30 millóns este ano, o que supón un 15% de incremento con respecto ao consignado na anterior convocatoria. Segundo trasladou José Balseiros, estas axudas perseguen que se creen novas industrias agroalimentarias ou mellorar as xa existentes na nosa comunidade.

O director xeral tamén aproveitou este encontro para lembrarlles aos agricultores e gandeiros asistentes que está aberto o prazo para solicitar as axudas da Política Agraria Común, que na convocatoria desta ano 2022 contan cun orzamento duns 210 millóns de euros, dos cales 170 millóns de euros correspóndense cos pagamentos directos da PAC e 40 millóns coas medidas de desenvolvemento rural asimiladas ao Sistema Integrado de Xestión e Control.

Así, José Balseiros sinalou que os gandeiros e agricultores galegos poderán presentar a solicitude única ata o 30 de abril, accedendo directamente cun certificado dixital á aplicación informática SGA ou acudindo ás distintas entidades colaboradoras, entre elas as Oficinas Agrarias Comarcais e as máis de 50 entidades bancarias ou de aconsellamento que se encargarán de tramitar ditas solicitudes de subvención.

Artículos relacionados

- Advertisement -spot_img

ÚLTIMOS ARTÍCULOS