Volver arriba

Sen servizos non haberá unha economía agrogandeira forte en galicia

agosto 6, 2020

Manuel Antelo Vilariño

Presidente de Africor Coruña

Todos reclamamos mellores servizos. Pero a primeira esixencia é que os haxa. No campo galego, ao déficit tradicional súmaselle agora a desaparición gota a gota, case de xeito imperceptible, os que había. Un colexio aquí, un centro de saúde acolá ou unha liña de autobuses menos. Iso si, cando se acercan períodos electorais aumentan as promesas de todo tipo. Voume centrar en dous servizos: un que se leva pedindo en moitas vilas de Galicia desde hai décadas e outro mais recente. Son as residencias de maiores e o acceso á banda ancha de internet.

Falando desde a miña experiencia, creo que non houbo alcalde nin candidato á presidencia da Xunta que pasara por Santa Comba que non ofrecese unha residencia para a terceira idade nesta vila. O resultado de tanta pertinaz promesa é que non existe. Polo tanto, esta ausencia de servizo sigue libre outra vez mais como oferta electoral. Se se fan promesas é porque se detecta unha necesidade na poboación. Logo, cumprilas xa é outra cousa.

Non pido que haxa unha en cada concello do rural pero, cando menos, unha por comarca ou as que sexan necesarias. Esta carencia afecta ás vidas e ás perspectivas vitais e profesionais dos que vivimos no campo.

Si o século anterior, foi o da construción pistas rurais, o inicio de este é o A banda ancha é unha necesidade experiencia do COVID

Moitos anciáns desta comarca terminan en residencias de Santiago ou A Coruña. Todos vimos como lles afectou esta pandemia do coronavirus e, probablemente, descubriremos mais cousas. Pero aínda que funcionaran á perfeccións, os campesiños galegos teñen dereito a que as súas vidas se vaian apagando no seu entorno.

Unha forma mais humana e natural de avanzar cara a fin que o transplante a un sitio de lonxe e un entorno novo. Como dicían os maiores cando era neno, os vellos da aldea non prendemos na cidade; alí morremos axiña.

Para os familiares, tampouco é unha boa solución. Si están lonxe, as nosas tarefas non nos permiten facerlles as visitas a miúdo que eles e nós necesitamos. E si non queren ir a unha residencia, témolos que coidar na casa con un gran esforzo que, en parte, substraemos da dedicación á granxa. Polo tanto, a falta de residencias no rural é unha mala praxe humana e un mal negocio que afecta ás economías das nosas explotacións.

Si o século anterior, foi o da construción de estradas e pistas rurais, o inicio de este é o de acceso a internet. A banda ancha é unha necesidade urxente despois da experiencia do COVID. En grandes áreas do territorio agrícola galego, as operadoras ofrecen un mega de velocidade e, ás veces, nin iso porque non hai cobertura.

Hai pouco, escoitei na radio que a Universidade de Vigo buscoulle unha conexión a mais de 200 dos seus alumnos durante o confinamento para poder seguir as clase por teledocencia. Supoño que a maioría vivirían nunha contorna rural. Rapaces de primaria e secundaria non tiveron tanta sorte. Cando hai posibilidade técnicas, os do campo pagamos o mega de velocidade case o dobre de caro que na cidade. En resume, un servizo deficiente e caro.

O Tribunal de Contas Europeo no seu informe de 2018 asegura que o incremento do 10 por cento de aceso á banda ancha incrementa o PNB per capita nun 1% anual e a produtividade nun 1,5% nos seguintes 5 anos. E engade: “os investimentos en banda ancha tamén han de contribuír a impartir educación, promover a inclusión social e beneficiar a rexións rurais e afastadas”.

Creo que todos coincidimos en que a deficiencia deste servizo contribúe tamén á expulsión dos mozos do rural. A conclusión é ben clara: se queremos unha economía forte no rural ten que haber servizos.

https://www.selitel.es/ Fonteboa — Centro de Promoción Rural — EFA
Lee el último número